CRTVG

Buscar

Descenden a 178 os casos activos de coronavirus en Galicia

Publicado o 21/07/2020 14:01

A incidencia da covid-19 en Galicia nas útimas horas deixa un balance de 178 casos positivos, segundo o informe do Sergas. Deles, 171 estan en seguimento domiciliario e sete hospitalizados: catro na Mariña, un en Ourense, un en Santiago e un na Coruña. Os pacientes curados ascenden a 11.116, son 34 máis ca onte. E os falecidos mantéñense en 619.

Na provincia de Lugo continúa o descenso de casos, con 106 rexistrados, 30 menos que na xornada do luns.

En Vilalba, o brote permanece estabilizado con seis positivos. Na Mariña baixa o número de positivos e tamén en Burela, onde confian poder recuperar a normalidade a finais da semana.

Na provincia da Coruña, o número de afectados ascendeu a 40. Son 31 na área da Coruña, debido aos casos rexistrados no equipo de fútbol do Fuenlabrada, e tamén a tres novos positivos na área sanitaria de Santiago detectados na zona de Melide e Arzúa, que elevan a nove os positivos nesta área. Trátase dun caso importado de Cataluña e contaxiado a outros dous membros dunha mesma familia.

O brote de Betanzos permanece estable, con dez casos activos e 59 persoas illadas.

Pontevedra rexistra 27 positivos, a maioría na área sanitaria de Vigo, con 18 casos activos.

En Ourense a situación mantense estable con cinco positivos, catro no concello de Beariz e un de Trives que permanece hospitalizado.

O número de PCR realizadas en Galicia é de 235.064, 798 máis ca na xornada de onte.

Noticias web

21/07/2020