CRTVG

Buscar

Descende a presión hospitalaria nunha xornada con 22 casos activos máis

Publicado o 07/04/2021 10:10

• Só baixan os casos nas áreas da Coruña, Ourense e Ferrol

• A presión asistencial, en niveis de comezos de setembro

Galicia alcanza as 2.360 vítimas de covid-19, logo de notificárense tres falecementos onte

Descende a presión hospitalaria nunha xornada con 22 casos activos máis

Galicia volve experimentar unha nova sua dos casos activos de coronavirus. Segundo os últimos datos do Sergas, hai 2.233 persoas diagnosticadas de covid-19 (+22), tras 181 novos positivos, 143 detectados a través de probas PCR, e 156 altas.

Por áreas sanitarias, o resultado é o seguinte:

A Coruña: 649 (-36)

Vigo: 623 (+25)

Pontevedra: 266 (+15)

Santiago: 320 (+17)

Lugo: 145 (+6)

Ferrol: 91 (-3)

Ourense: 139 (-2)

Baixa a presión asistencial

Bos datos nos hospitais galegos. O número total de persoas ingresadas descende ata as 188, a menor cifra dende o 3 de setembro do ano pasado. Delas, 161 están e planta (-15) e 27 nas UCI (-6).

Onte o Sergas notificou o pasamento de tres persoas por mor da doenza, o que eleva a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.360.

Máis PCR, menor positividade

Increméntase substancialmente o número de probas PCR realizadas: 7.199, 2.853 máis ca onte, das cales deron positivo 143, o que deixa unha taxa de positividade do 1,99 %.

 

Mapas de incidencia por concellos