Descende a incidencia en Santiago, Vigo e Pontevedra
Publicado o 09/02/2021 17:52
Cunha incidencia acumulada de 377 casos por cada cen mil habitantes, Vigo convértese na cidade galega con menor incidencia do virus.
Seguen as boas noticias na Cidade Olívica con outra xornada por debaixo dos 100 contaxios novos e a piques de baixar dos 3.000 enfermos actuais por coronavirus. Bos datos tamén no número de hospitalizados, hai 139 en planta e 29 en UCI.
Comezan a verse os resultados do esforzo. Un exemplo dese descenso sostido é a cidade de Santiago, que o día 26 de xaneiro chegou a ter 746 casos e hoxe baixa ata os 475. Súmase á lista de cidades cunha maior caída dos contaxios, con 208 menos.
Pontevedra é outra das cidades onde se produce un importante descenso de casos, aquí hoxe hai 178 casos activos menos.