CRTVG

Buscar

Desbloqueado o proxecto do novo centro de saúde de Vilagarcía

Publicado o 30/07/2021 14:44
Desbloqueado o proxecto do novo centro de saúde de Vilagarcía

Vilagarcía contará cun novo centro de saúde, nos terreos da Comandancia Militar. O alcalde fala de día histórico xa que era unha demanda na vila dende hai anos. Desbloqueouse o proxecto grazas á colaboración das tres administracións: concello, Xunta e Autoridade Portuaria.

O novo centro de Saúde vai superar os 5.000 metros cadrados e ampliará as consultas en case todas as especialidades respecto ao ambulatorio actual.

Noticias web

30/07/2021