Desarticulado un grupo criminal que se dedicaba a torturas e secuestros entre bandas rivais
Publicado o 26/07/2020 11:34
Nunha investigación conxunta da Policía Nacional e dos Países Baixos desarticulou un grupo criminal que presuntamente se dedicaba a torturas, secuestros e axustes de contas de membros de bandas rivais.
Na operación, que segue aberta, hai seis detidos relacionados coa mafia de droga de orixe marroquí, e contedores de mercancías preparados para reter persoas á forza no seu interior. Este grupo estaría relacionado con algúns feitos delictivos ocorridos na provincia de Málaga nos últimos anos e a Policía non descarta que haxa novas intervencións.