CRTVG

Buscar

Desarticulada en Tenerife unha banda que trasladaba migrantes con documentación falsa

Publicado o 06/10/2021 09:39

Unha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Civil levou á desarticulación dunha rede criminal de tráfico de inmigrantes en Tenerife, Eivisa e Xirona.

Detiveron 16 persoas de nacionalidade senegalesa e interviñeron máis de 20 pasaportes falsificados e numerosa documentación para regularizar a situación de cidadáns subsaharianos e trasladalos á Península.

Sospéitase que puideron sacar das illas polo menos 113 persoas e que obtiveron beneficios superiores aos 200.000 euros.

Noticias web

06/10/2021