Desartellan unha rede internacional dedicada a comercializar ameixa non apta para o consumo
Publicado o 11/05/2021 14:24

O xulgado numero 4 de Cambados instrúe unha operación que permitiu desartellar unha rede internacional dedicada ao comercio de bivalvos non aptos para o consumo. Os investigados extraían sobre todo ameixa xapónica da ría do Texo, que ten altos índices de contaminación, e declarábana procedente do río Sado, con menos toxicidade.
Os bivalvos comprábanos depuradoras españolas con documentos falsos e logo exportábanos a outros países da Unión Europea sen depurar. A operación desenvolveuse en España, Portugal e Italia. Hai 8 detidos e incautáronse de tonelada e media de ameixa xapónica.