Desartellan unha banda que roubou en tendas de telefonía móbil en Sarria e Ribadeo
Publicado o 23/10/2019 20:06
A Garda Civil desartellou unha banda especializada en roubos a tendas de telefonía móbil. Hai tres persoas detidas, que, presuntamente, foron as responsables de senllos asaltos a tendas de Sarria e Ribadeo das que levaron terminais telefónicos por valor de 15.000 euros.
O seu modo de operar consistía en romper os cristais dos establecementos para acceder ao interior e en poucos minutos marchar cos teléfonos de gama alta. A Garda Civil prendeunos en Asturias e comisoulles parte do roubado e diñeiro en efectivo.