CRTVG

Buscar

Desartellan unha banda de narcos españois nunha operación en Vila Real

Publicado o 04/08/2021 09:06
Desartellan unha banda de narcos españois nunha operación en Vila Real

Unha operación conxunta das forzas de seguridade españolas e portuguesas permitiu desartellar unha banda de narcotraficantes na localidade lusa de Vila Real. Interviñeron a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Xudiciaria Portuguesa. Detiveron 3 persoas: unha muller de 79 anos, natural de Tarragona, que lideraba a organización, e dous homes de 26 e 60 anos, veciños de Alacante e Xirona. Están acusados dun presunto delito de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. 

Noticias web

04/08/2021