CRTVG

Buscar

Desartellan en Vigo unha rede de explotación de mulleres para a prostitución de luxo

Publicado o 01/10/2021 13:50

De noite e de día e tamén fins de semana traballaban as mulleres deste chalé de Tomás Alonso onde os veciños viron traballar as mulleres mesmo durante o confinamento. Menos movemento había neste baixo comercial de Pizarro, en que a organización aproveitou un rótulo dun negocio anterior. Estaba sempre pechado e só abrían cando alguén chamaba.

Tamén en dous chalés de Saiáns explotaba as mulleres esta organización que tiña contratado un taxista con licenza na cidade que facía os traslados das mozas e labores de control a cambio dun salario.

Ademais das cinco detencións por explotación sexual, prostitución e pertenza a organización criminal tamén están investigados por un delito contra a saúde pública xa que nos inmobles a Policía Nacional inacautouse dunha importante cantidade de droga, útiles para transformala, móbiles de tarxeta prepago, TPV, tíckets e pílulas de viagra, ademais de 8.000 euros.

Noticias web

01/10/2021