Desartellan un laboratorio en Meis en que comisaron crack e licor de marihuana
Publicado o 07/06/2021 15:17
Seis detidos en Meis nunha operación antidroga da Policía Nacional nunha vivenda do concello de Meis. Nela había un laboratorio clandestino con todo tipo de drogas.
A chamada operación Aceifa acabou cunha organización dedicada á introdución e ao cultivo, preparación e posterior distribución de importantes cantidades de droga en Galicia. A intervención da Unidade contra a delincuencia e o crime organizado da Policía Nacional levou a detención de seis persoas nun laboratorio clandestino nunha vivenda en Mosteiro, no concello pontevedrés de Meis. Cinco deles eran da provincia de Pontevedra e outro de nacionalidade húngara.