CRTVG

Buscar

Desartellado un grupo criminal dedicado a cometer roubos con forza nas catro provincias galegas

Publicado o 14/06/2021 14:13
Desartellado un grupo criminal dedicado a cometer roubos con forza nas catro provincias galegas

A Garda Civil desartellou un grupo criminal dedicado a cometer roubos con forza en vivendas habitadas de varias localidades das catro provincias galegas.

A operación rematou coa detención de 5 persoas ás que se lles imputan 40 roubos con forza, tráfico de drogas, branqueo de cartos e un delito de pertenza a grupo criminal. O Xulgado de Instrución número 2 do Carballiño decretou o ingreso en prisión de catro deles.

A investigación continúa aberta, polo que non se descartan máis detencións. 

Noticias web

14/06/2021