CRTVG

Buscar

Desartellada unha rede que simulaba ataques de lobos

Publicado o 04/06/2021 12:47
Desartellada unha rede que simulaba ataques de lobos

Ata 60.000 euros obtivo de xeito ilícito unha rede que operaba arredor das mandas de lobos de Galicia e Asturias. Supostamente, gandeiros asturianos finxían ataques dos lobos aos seus cabalos e, despois, axentes medioambientais certificaban eses falsos ataques. Así, conseguíanse arredor de 900 euros de indemnización por cada res morta.

Nalgúns casos, chegaron a declarar dúas veces a morte do mesmo cabalo. Tamén se utilizaba o gando como cebo para atraer os lobos a zonas onde foron cazados de xeito ilegal, chegando a matar seis exemplares.

Calcúlase que a rede causou en dous anos a morte de 170 cabalos. A motivación está clara: as indemnizacións son de ata 900 euros, mentres que os cabalos vivos non pasan dos 300. 

Noticias web

04/06/2021