CRTVG

Buscar

Dan por desartellada unha rede de distribución de droga en Vilalba e A Mariña

Publicado o 05/05/2021 13:18
Dan por desartellada unha rede de distribución de droga en Vilalba e A Mariña

A Garda Civil dá por pechada a denominada operación Thorir, que permitiu desarticular unha rede de distribución de droga en Vilalba e A Mariña. 

En total foron detidas seis persoas, cinco delas na Mariña. As investigacións levaron finalmente ao arresto en Vilalba do presunto encargado da distribución da droga, que vendían principalmente nas localidades de Foz e Barreiros.

Na operación incautáronse de seis quilos de haxix, cen gramos de cocaína, 40.000 euros en efectivo, así coma vehículos e útiles para o corte e adulteración da droga.