CRTVG

Buscar

Desartellada unha rede de distribución de cocaína na Coruña

Publicado o 26/03/2021 15:15

A investigación conxunta da Policía Nacional e da Axencia Tributaria iniciouse tras detectar un aumento da venda polo miúdo arredor dun establecemento hostaleiro do barrio dos Mallos. Os axentes identificaron o cabeza dunha rede de distribución de cocaína que ademais branqueaba os beneficios adquirindo ata unha ducia de inmobles na cidade da Coruña.

Como consecuencia da operación, a policía detivo nove persoas, todas do mesmo grupo familiar, dos que seis xa ingresaron en prisión e hai outros tres en liberdade con cargos. Todos eles están acusados dun delito contra a saúde pública e o líder tamén de branqueo de capitais.

Os axentes atoparon nos rexistros preto dun quilo de cocaína e arredor de 200.000 euros en efectivo na caixa de seguridade dunha entidade bancaria. Ademais incautáronse de seis vehículos de alta gama e unha pistola detonadora. A policía dá por desartellado este grupo de distribución de drogas.

Noticias web

26/03/2021