CRTVG

Buscar

Dan por desartellada a organización dedicada ao tráfico de haxix en que detiveron 28 persoas

Publicado o 18/05/2021 12:47
Dan por desartellada a organización dedicada ao tráfico de haxix en que detiveron 28 persoas

Giriño, o histórico narcotráficante cambadés, é o fío condutor do que tiraron os investigadores para iniciar, hai ano e medio, a operación Peralte, que rematou coa detención de 28 persoas, 3 delas en Galicia, por varios delitos relacionados co narcotráfico.

Os axentes interviñeron máis de 300 quillos de haxix ocultos nun camión e outros 300 que estaban agochados nun iate. Interviñeron tamén máis de 42.000 euros en efectivo, tres coches e unha embarcación. 

Noticias web

18/05/2021