Desartellada unha banda de narcotraficantes que se facía pasar por unha empresa de mensaxería
Publicado o 30/08/2021 22:02
A Garda Civil detivo 15 persoas acusadas de usar furgonetas de alugueiro para levar droga a Europa. Facíanse pasar por empresas de mensaxería, pero en realidade transportaban haxix e marihuana dende Andalucía a Francia, Alemaña, Holanda e Luxemburgo.
A rede estaba dirixida por un alemán que vivía en Cádiz. Na operación os axentes incautáronse de máis de media tonelada de droga, armas, 12 coches, xoias e material informático.