CRTVG

Buscar

Desartellada, en Santiago, unha asociación empregada como tapadeira para a venda de cannabis e haxix

Publicado o 12/05/2021 14:34

A investigación comezou no ano 2019, tras a denuncia de varios veciños que alertaba da constante entrada e saída de persoas dun local, situado no barrio da Choupana, que supostamente era unha asociación cultural.

Tras meses de seguimento, a Policía Nacional confirmou que no interior do local non se practicaba ningunha actividade cultural, senón que o espazo era empregado como unha pantalla onde se desenvolvían actividades ilícitas. 

Os seis detidos pasaron a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago que determinou o cesamento temporal da actividade desa asociación, aínda que todos foron postos en lliberdade con cargos. 

Noticias web

12/05/2021