CRTVG

Buscar

Desartellada en Lugo unha banda á que se lle atribúen unha vintena de roubos por toda a provincia

Publicado o 01/06/2020 13:12

Roubaban en pendellos, almacéns, granxas, naves industriais e vivendas particulares. Dos cinco integrantes do grupo, tres eran os que cometían os roubos, e os dous restantes os que colocaban a mercadoría no mercado negro. Ao parecer, o líder é un mozo de 28 anos residente na capital luguesa. Outro veciño da cidade e un de Pol, veterinario de profesión, completaban a unidade de saqueo.

No mes de xaneiro entraron nas instalacións do recinto feiral de Friol e levaron maquinaria valorada en 23.000 euros. Acturaron sobre todo nos concellos da Terra. Nunha casa da Pastoriza levaron xoias valoradas en 6.000 euros, aínda que no seu obxetivo sempre estaba a maquinaria agrícola e a ferramenta.

Os detidos xa pasaron a disposición xudicial e quedaron en liberdade con cargos.

Noticias web

01/06/2020