CRTVG

Buscar

Desartellan a considerada maior rede de distribución de cocaína en Europa

Publicado o 27/09/2021 14:32
Desartellan a considerada maior rede de distribución de cocaína en Europa

Unha operación conxunta de varias policías europeas, entre elas a española, permitiu desartellar a maior rede de distribución de cocaína de toda Europa. A operación foi coordinada pola Europol e nela colaboraron ademais de España, Croacia, Serbia, Eslovenia e Alemaña.

O operativo comezou hai tres anos e tiña como obxectivo o denominado cártel dos Balcáns, unha organización con gran poder económico. Os axentes incautáronse de máis de 4.000 quilos de cocaína, ademais de haxix, heroína e armas. Hai 61 persoas detidas.

Noticias web

27/09/2021