Desaparece un submarino indonesio con 53 tripulantes durante unhas manobras navais
Publicado o 22/04/2021 08:41

En Indonesia continúa a busca do submarino desaparecido ao norte da illa de Xava durante uns exercicios navais. Cando se perdeu contacto con el, o somerxible, con 53 tripulantes a bordo, realizaba un exercicio con torpedos a 700 metros de profundidade.
Máis de 400 persoas participan nos traballos de rastrexo e varios países ofreceron xa axuda a Indonesia. Un navío de Singapur especializado na detección de submarinos poñerá rumbo á zona nas próximas horas para axudar na busca.