Desaloxan un 'macrobotellón' con preto de 400 mozos en Corcubión
Publicado o 16/08/2021 21:04
Xuntáronse preto de 400 mozos na praia de Quenxe, en Corcubión, para celebrar un macrobotellón esta fin de semana. Cando a Garda Civil acudiu para disolver o botellón, os mozos comezaron a correr en desbandada e lanzando pedras contra o vehículo policial. O alcalde da localidade anuncia que se tomarán novas medidas tras este macrobotellón.