Desaloxan un incendio no Porriño por un incendio
Publicado o 12/01/2019 14:10
Un incendio orixinado no cuarto de contadores, situado no garaxe, obrigou a desaloxar un edificio de seis andares na parroquia de Torneiros no Porriño. O lume iniciouse as once da noite e ata preto das tres da madrugada non puideron regresar as súas vivendas. Algúns permaneceron na rúa a moi baixas temperaturas, outros marcharon a casa dalgún familiar.
Unha vez extinguido o lume e ventilado o fume que había en todo o inmoble, os veciños regresaron as súas vivendas. Moitos deles decidiron marchar porque están sen subministración eléctrica e pode que ata dentro de varios días non teñan luz.
Ata o lugar acudiron os bombeiros do Porriño, Protección Civil, a Policía Local, o 061 e emerxencias de Mos.