Desaloxan preto de 200 festas ilegais en Madrid
Esa foi a tónica tamén no resto de España. En Madrid a policía tivo que desaloxar cento oitenta e cinco festas ilegais en casas particulares. Foi a nota negativa nunha noite na que as intervencións dos servizos de emerxencias reducíronse á metade con respecto ao fin de ano do 2019
Xa se podía pasear hoxe pola Porta do Sol, que nesta noitevella estivo inusualmente baleira. Madrid amencía tranquila, en sintonía coa noite que se viviu na capital. A Policía Local interviu en 185 festas ilegais en casas particulares e en dous locais con sobreaforo. Pero foron as notas discordantes.
En Cataluña os controis policiais detectaron catro festas ilegais que incumprían coas medidas contra a Covid-19. Unha desas festas foi nunha nave en Llinars del Vallés, en Barcelona, onde había máis de 150 persoas.
A policía autonómica detivo a un total de 37 persoas. Delas, 12 son homes acusados por violencia machista, o goberno catalán pon o acento neste dato
Estas foron as imaxes que máis se repetiron esta noivella, reforzos xeralizados nos controis policiais, para vixiar o cumprimento das limitacións de mobilidade e das restriccións en locais e domicilios