Desaloxan polo fume 25 vivendas e evacúan unhas 60 persoas, que poderán regresar a durmir ás súas casas
Publicado o 08/05/2021 21:11
A espesa fumareda que orixinou o incendio era visible desde toda a ría de Arousa. Moitos traballadores e traballadoras de Jealsa achegábanse ata o lugar nada máis coñecer a noticia, e vivían momentos de angustia e preocupación.
O luns tiñan que volver ao traballo, esperan que pronto se poida recuperar a actividade na conserveira.
E aínda que non había perigo para as casas máis próximas ás instalacións, desaloxábanse por precaución e polo fume unhas 25 vivendas, unhas 60 persoas foran evacuadas, todas en bo estado. Co lume controlado, poderán regresar e durmir nas súas casas.