Desaloxan medio cento de persoas dun local en Bembrive
Publicado o 25/07/2021 21:00
A Policía Local de Vigo desaloxaba esta noite medio cento de persoas que participaban nunha festa na parroquia de Bembrive.
O desaloxo producíase nun local situado no barrio do Ramallo, pasadas as dúas e media da mañá. Os axentes, que foran alertados polos propios veciños, atopaban no seu interior medio cento de persoas que incumprían as medidas sanitarias nun horario en que están prohibidas as reunións entre non conviventes.
Unhas 33 persoas, ademais dos propietarios do local, foron propostos para sanción por non respectar as restricións para facer fronte á pandemia. Varios dos participantes conseguiron escapar ante a chegada dos axentes.