CRTVG

Buscar

Desaloxan máis de 400 festas ilegais en Madrid na fin de semana

Publicado o 01/03/2021 15:01

Ata 65 persoas foron desaloxadas dun local de Madrid en que gozaban da actuación dun picadiscos sen preocuparse moito da distancia nin das máscaras. E este non foi un caso illado. Ata 272 celebracións semellantes foron detectadas de venres a domingo, unha cifra que sorprende a mesma policía. 

"Non só nos sorprende a cantidade, senón a calidade; nun caso saíron 65 persoas e noutro do centro case cen, así que estamos nunha dinámica de moito traballo", di José Luis Morcillo, comisario da Policía Local de Madrid.

Ás intervencións en locais hai que sumar outras 170 en pisos ou casas particulares, que tamén van a máis, segundo a policía, desde que Turismo e Sanidade reforzaron os controis dos apartamentos turísticos.

"É posible que esa pinza estea orixinando que a xente vaia á rúa ou o faga en domicilios particulares ou en locais que non teñen ningún medio de seguridade; encérranse! E seguimos sen entender esa falta de responsabilidade aínda que absolutamente todos van denunciados", remarca o comisario.

A presidenta da comunidade madrileña pide que se visibilice a execución desas sancións e solicita a axuda da Delegación do Goberno para facer cumprir as normas.

Noticias web

01/03/2021