CRTVG

Buscar

Desaloxan en Madrid unha macrofesta universitaria con 400 estudantes

Publicado o 02/05/2021 11:14

Axentes da Garda Civil desaloxaron o venres pola noite na localidade madrileña de Ciempozuelos 400 estudantes que participaban nunha macrofesta universitaria nun predio situado a carón da M-307.

Os mozos obrigados a abandonar o lugar por gardas civís de Ciempozuelos, Pinto e Chinchón estaban no interior sen gardar ningún tipo de medida de seguridade relativa á normativa da covid. As patrullas observaron que había oito autocares e confirmaron que os condutores trasladaron os universitarios desde a rúa Almansa en Madrid.

Agora investigan o promotor da festa e o propietario do predio que tiña contratados camareiros para as distintas barras distribuídas polo interior do lugar.

Os axentes identificaron os 401 asistentes que van ser propostos para sanción. Os estudantes inscribíronse na festa previo pago de 40 euros por todo incluído.