CRTVG

Buscar

Desaloxan decenas de familias no incendio dun rañaceos en Milán

Publicado o 29/08/2021 23:18

Un incendio espectacular devorou un edificio de 20 andares en Milán. O lume comezou na planta 15 e en pouco tempo arrasou coa fachada do rañaceos. Trátase dun dos edificios altos residenciais mais coñecidos de Milán, a Torre dei Moro, con decenas de vivendas particulares.

As lapas afectáronlle ao revestimento no andar 15 e estendéronse a toda a fachada e ao interior. Non hai confirmación de posibles vítimas e procedeuse ao desaloxo de familias enteiras. Houbo explosións e caída de cascallos á rúa e formouse unha columna de fume visible mesmo a quilómetros de distancia.





 

Noticias web

29/08/2021