Desaloxan a rúa Teófilo Llorente de Vigo pola aglomeración de xente para un concerto
Publicado o 08/08/2021 14:19
En Vigo a policía tivo que desaloxar esta pasada noite a rúa Teófilo Llorente pola aglomeración de xente Reuníranse para asistir a un concerto e agardaban á entrada dun dos locais da zona.
Pouco antes da medianoite as forzas de seguridade dispersaron á multitude. Non é a primeira vez que os axentes teñen que actuar nesta rúa