CRTVG

Buscar

Desaloxan a praza da Verdura en Pontevedra por aglomeracións nas terrazas

Publicado o 28/02/2021 14:47

Esta praza da Verdura en Pontevedra tivo que ser desaloxada o sábado pola tarde pola Policía por mor das aglomeracións nalgunhas terrazas e na propia vía pública.

Son catro negocios de hostalaría os que traballan nesta praza da Verdura. Hoxe retomaban a actividade máis enfadados do habitual, máis nerviosos, pero preparando as súas terrazas segundo establece a normativa.

Onte impuxéronse varias sancións a cidadáns e a un dos negocios de hostalaría por incumpriren as normas que moitos xa lles lembran aos clientes ao seren atendidos.

Detrás deste tipo de accións está o enfado dos que cumpren e o medo dun sector que teme o peche dos seus negocios por medidas máis restritivas.

Noticias web

28/02/2021