CRTVG

Buscar

Desaloxan 86 persoas nunha festa ilegal nun bar madrileño

Publicado o 10/11/2020 19:36

En Madrid, a policía desaloxou 86 persoas nunha festa ilegal onde tamén había nenos. Estaban nun bar, con límite de ocupación só para 25 persoas. Non tiña máscara ninguén nin se gardaban as distancias de seguridade.

A operación produciuse a raíz da denuncia de varios veciños. Os axentes multaron 58 persoas. O local nin sequera tiña licenza de actividade.

Noticias web

10/11/2020