CRTVG

Buscar

Desaloxan 400 persoas nun incendio forestal en Serra Bermeja, en Andalucía

Publicado o 09/09/2021 10:03

Un incendio mantén en alerta a Sierra Bermeja en Andalucia. O lume ameaza varias localidades e hai centos de evacuados. Polo momento, o incendio avanza sen control. Mantense activo o nivel 1 de emerxencia pola proximidade do lume coas vivendas. De feito, esta madrugada foi necesario desaloxar 400 persoas.

Máis de 200 efectivos por terra e tamén medios aéreos que se incorporaron coa primeira luz do día traballan arestora para conseguir frear o avance das lapas. Hai tres estradas cortadas e o fume pode verse a quilómetros de distancia. As altas temperaturas e o forte vento están dificultando as tarefas de extinción. 

 

Noticias web

09/09/2021