CRTVG

Buscar

Un incendio arrasa 500 hectáreas e obriga evacuar unha localidade de Castellón con 300 veciños

Publicado o 15/08/2021 18:13

• Outros dous lumes forestais obrigan a desaloxar catro pobos en Avila
• España en risco extremo de incendio forestal

Esta vaga de calor disparou o risco de incendios forestais en varios puntos de España.
E a estas horas preocupa a evolución de varios lumes. Un deles o declarado onte á tarde na localidade castellonenca de Azuébar. no interior do Parque Natural de Espadán.

A proximidade das lapas ás vivendas obrigou desaloxar 300 veciños. Nos labores de extinción traballan uns 150 efectivos, entre eles membros da UME .

Noticias web

15/08/2021