"Botellóns" en diversos puntos de Vigo na primeira noite sen máscaras no exterior
Publicado o 26/06/2021 13:17
E esta primeira noite sen máscaras foi noite tamén de botellóns en Vigo, unha práctica que segue a estar prohibida en Galicia. Máis de 500 mozos tiveron que ser desaloxados en diversos puntos da cidade. A partir das doce da noite poderían estar sen máscara en exteriores pero a metro e medio de distancia, unha medida que tamén incumprían. O punto onde maior concentración de mozos houbo foi a praza da Estrela, onde se contabilizaron ata medio milleiro de persoas. Tamén se localizaron grupos de xente bebendo na rúan na praza de Portugal e noutros puntos céntricos da cidade.