CRTVG

Buscar

Desaloxadas máis de 5.500 persoas en novos botellóns masivos en Barcelona

Publicado o 30/05/2021 12:05

A Garda Urbana de Barcelona realizou novas intervencións este sábado pola noite en Barcelona ante as grandes concentracións de persoas en distintos emprazamentos da cidade para asistir a festas e botellóns ilegais. Os axentes desaloxaron un total de 5.595 persoas, a maioría delas no paseo do Born e nas praias da cidade, como a de San Miguel.

Ademais, a Policía detivo dúas persoas por roubo e apropiación indebida.



 

Noticias web

30/05/2021