CRTVG

Buscar

Desaloxadas 200 persoas que participaban nun 'macrobotellón' na Zona Franca de Barcelona

Publicado o 06/04/2021 13:15
Desaloxadas 200 persoas que participaban nun 'macrobotellón' na Zona Franca de Barcelona

Os Mossos d'Esquadra e a Garda Urbana de Barcelona desaloxaron un macrobotellón con 200 persoas na Zona Franca de Barcelona.

Os axentes identificaron 91 persoas e tramitáronse 300 denuncias, xa que varios participantes recibiron unha dobre sanción por incumprimentos das normas anticovid.

Pouco despois, a Garda Urbana interrompía outra festa cun cento de persoas nunha céntrica avenida da capital catalá. 

Noticias web

06/04/2021