Desaloxadas 200 persoas nun botellón en Vigo
Publicado o 07/06/2021 16:59
Seguen a repetirse os botellóns multitudinarios malia as restricións. Desta volta, a policía Local de Vigo tivo que desaloxar máis de 200 persoas sobre as catro da madrugada.
Ocorreu na praza da Estrela onde estaban bebendo, sen respectar distancias e incumprindo a norma que impide xuntarse con non conviventes entre a unha e as seis da mañá.
A maioría marchou, pero un pequeno grupo, dunhas cinco persoas, negouse a abandonar o lugar. Un deles, mesmo foi detido por resistencia á autoridade, agresión e desobediencia.