CRTVG

Buscar

Desaloxada parte da residencia DomusVi de Ribadumia por causa dun incendio

Publicado o 26/04/2021 08:31
Desaloxada parte da residencia DomusVi de Ribadumia por causa dun incendio

Bombeiros e voluntarios de agrupacións de Proteccion Civil do Salnés mobilizáronse para intervir nunha alerta por lume na residencia DomusVi de Ribadumia. O lume declarouse contra as dez da noite pasada nun cuarto da primeira planta do xeriátrico.

Ao parecer, orixinouse nun colchón. Aínda que nun primeiro momento se pensou en desaloxar a totalidade dos internos, ao redor dun centenar, finalmente só evacuaron unha planta.

Noticias web

26/04/2021