Desafiuzado o 'youtuber' da tortada a un mestre
O youtuber lugués que hai un mes entrou por sorpresa nun instituto e lle guindou unha torta a un profesor volve verse de fronte coa xustiza. O mozo foi desafiuzado porque, ao parecer, levaba preto dun ano sen pagar o alugueiro deste local que usaba máis para festas que coma salón de peiteados, como dan boa proba as botellas de alcol que comparten espazo con xampús e cremas nos expositores. O seu paso por este salón deixa un regueiro de denuncias dos veciños.
"Festas de noite ata as tantas. A policía viña cada dous por tres porque os veciños chamaban, é o que había aquí. Cortábanse o pelo uns a outros. Sabía que non lle pagaban ao dono, non pagaban a luz nin a auga, fixeron moitas cousas".
Festas, partidas de póker, lixo, son moitos os estragos que deixou no local, unha imaxe lamentable que descubría a comisión xudicial que procedeu ao desafiuzamento.