CRTVG

Buscar

Desabastecemento no Reino Unido pola avalancha de alertas por contactos positivos

Publicado o 26/07/2021 20:24
Desabastecemento no Reino Unido pola avalancha de alertas por contactos positivos

Unha semana despois de levantaren todas as restricións, os británicos teñen un novo problema que xa bautizaron como 'pingdemia'. Refírese ao son da aplicación móbil que alerta dun contacto cun positivo por covid.

A avalancha de notificacións, que obrigan a gardar corentena, xa está provocando problemas de abastecetemento nos supermercados británicos. Varias voces critican o que entenden que é excesiva sensibilidade da aplicación. De momento, o goberno de Boris Johnson xa eximiu os produtores de alimentos de recluírense nas súas casas.

Noticias web

26/07/2021