Derrúbase a fachada dunha vivenda en Ribeira debido á última chuvia
Publicado o 24/09/2019 09:27
O derrubamento produciuse a noite pasada na fachada dunha vivenda do barrio de Deán Pequeno, en Ribeira. A casa estaba abandonada dende hai anos e, por sorte, non houbo ningún ferido. As causas do derrubamento da fachada da vivenda poderían ser as fortes precipitacións da tarde de onte.
A parte baixa da vivenda permanece intacta, pero probablemente haxa que derrubar a parte superior da casa por precaución.