CRTVG

Buscar

Derrúbase un hotel na China onde pasaban a corentena 70 infectados polo coronavirus

Publicado o 07/03/2020 21:10

NEL PASABAN A CORENTENA 70 AFECTADOS/DERRÚBASE UN HOTEL CON INFECTADOS POLO CORONAVIRUS Na China decenas de persoas quedaron hoxe soterradas baixo os entullos logo de que se derrubara o hotel no que permanecían illados uns setenta afectados polo coronavirus.
Descoñécense as causas do derrubamento do edificio, construído hai dous anos e situado ao sur de Wuhan.
Ata o de agora os equipos de emerxencia lograron rescatar algo máis de trinta persoas.
 

Noticias web

07/03/2020