Derrúbase a fachada traseira dun edificio situado en pleno centro de Vigo
A forte chuvia podería ser a responsable do derrubamento dunha fachada traseira dun edificio en pleno centro de Vigo.
Aínda está acordoado o edificio para evitar o acceso de peóns e tamén dos moitos curiosos que se achegan a ver o estado no que quedou o edificio. O inmoble, de catro andares, está situado na rúa Areal e sobre el pesaban xa varias denuncias no concello precisamente polo seu deterioro.
A parte que se derrubou é a traseira. Polo que comentaron algúns veciños o tellado está intacto. O estrondo foi tremendo, o susto tamén. Gran parte dos cascallos caeron no patio interior de vivendas e moitos deles sobre unha pista deportiva dun ximnasio que hai contiguo.
O derrubamento produciuse polas 10:30 da mañá e achegáronse ata alí Policía Local, Policía Nacional, bombeiros e tamén os servizos de emerxencia. Por sorte, non houbo feridos xa que, grazas á pandemia, o ximnasio estaba pechado. Agora o que toca é facer avaliación dos danos materiais.