Derruban de xeito controlado o que quedaba en pé do edificio que colapsou en Miami
Publicado o 05/07/2021 17:29
Ante a chegada dunha tormenta tropical e a posibilidade de que se derrubase a estrutura que quedaba en pé do edificio de Miami, as autoridades procederon a derrubala. Entre os cascallos quedan os corpos de 121 veciños que quedaron sepultados cando o inmoble caeu por causas que aínda se investigan.
Os traballos de busca reiniciáronse posteriormente e atoparon tres corpos máis. co que o saldo de vítimas mortais se elva a 27. Acifra provisional de desaparecidos polo colapso parcial do edificio Champlain Towers South é de 118, mentres que a de persoas localizadas alcanza as 191, de acordo coa contabilidade oficial.