CRTVG

Buscar

Derrota contundente do COB na pista do Huesca que complica a situación dos ourensáns

Publicado o 09/05/2021 15:23

E no grupo pola permanencia, complícase a situación do Ibereólica Renovables Ourense, que apañou esta mañá na pista do Huesca unha derrota contundente. Perderon os galegos por 39 puntos de diferenza, demostrando a mala situación do equipo unha vez superados os casos de covid-19. O COB non puido competir en ningún momento diante dun rival superior. Agora deberá recuperar folgos para afrontar as tres finais que lle quedan pola permencia na LEB Ouro.