CRTVG

Buscar

Derbi en fase de descenso entre o Pontevedra e o Coruxo

Publicado o 13/03/2021 14:53

O do Pontevedra e o Coruxo é un deses partidos que, como diría o porco máis famoso de Galicia e repetirían os nosos pequenos... Hai que gañar por fuciños e cacheiras. Os dous equipos separados por un punto e en postos de fase de descenso. Teñen que gañar todo o que queda e agardar o tropezo do Rácing, o Compostela ou o Deportivo.

TOTAL Lusito - Adestrador do Pontevedra

Pero o primeiro, como di Luisito o de mañá. O Pontevedra chega tras dúas derrotas e o Coruxo tras de 15 días de parón tralo triunfo en Guijuelo.

TOTAL Míchel Alonso - Adestrador do Coruxo

Na primeira volta, venceu con claridade no Vao o Coruxo, 3-0. Veremos que sucede desta volta. Será mañá, ás cinco, e verémolo a través na nosa segunda canle.


 

Noticias web

13/03/2021