CRTVG

Buscar

Deputadas do PPdeG asisten ao pleno no Parlamento con motivos de leopardo en solidariedade con Elena Candia

Publicado o 13/04/2021 21:08

O Parlamento de Galicia deixou este martes unha imaxe de solidariedade das deputadas do PPdeG coa súa compañeira Elena Candia.

Esta mañá apareceron moitas vestidas con roupa con motivos de leopoardo. Era a súa forma de afearlle a conduta ao presidente da Deputación de Lugo, Xosé Tomé, que cuestionou hai uns días a forma de vestir da Candia.

Voceiras dos tres grupos lamentaron o comportamento do mandatario socialista.

Noticias web

13/04/2021