Deportivo-Coruxo, o domingo ás 12:00, na tvG2
Publicado o 06/11/2020 20:21
O domingo terá lugar o único duelo entre equipos galegos desta xornada na Segunda B. O Coruxo visita Riazor, segundo din, "sen nada que perder e con moito que gañar". Os de Míchel Alonso buscarán dar a sorpresa. Pola súa parte, Fernando Vázquez quere un Deportivo máis forte, agresivo e con máis enerxía. Os coruñeses seguen agardando polo regreso de Diego Rolán co permiso de traballo en regra. Algo que din que será inminente. O domingo ao mediodía poderán asistir o partido na tvG2.