Deportivo-Celta B, o domingo ás 17.00 na G2
Dos galegos que enredaron con moitos derbis Deportivo-Celta de categorías inferiores está Iago Gandoy, os últimos na súa etapa xuvenil para repartir asistencias. O aroma volve o domingo
Iago Gandoy, Deportivo "O partido é sinalado durante todo o ano, xoguei toda a miña carreira contra o Celta en categorías inferiores e sempre é un partido especial, con moita motivación"
Falemos de motivación e, vía skype, preguntámoslle ao goleador do Celta B se esta semana recibiu no seu teléfono máis mensaxese das habituais.
Manu Justo, Celta B "Pouca cousa, non son tan famoso"
Manu Justo sabe o que é ir á Coruña e marcar. Claro que daquela el estaba no Coruxo, o rival era o Fabril e xogou en Abegondo. O domingo hai unha diferenza grande.
Manu Justo, Celta B "E tan grande en todo, a verdade é que sí un campazo"
Un campazo, Riazor, dun líder criticado polo seu xogo
Iago Gandoy, Deportivo "Estamos tranquilos porque estamos líderes eso é o importante e a acumulación de puntos é o que vale. Estamos traballando na parcela ofensiva para mellorar o xogo e estar máis tempo en campo rival"
O rival sabe quen terá máis presión
Manu Justo, Celta B "Eu creo que nese aspecto teñen máis eles porque ó final é o Depor, a presión social e afección a levan máis eles ca nós"
Deportivo-Celta B, un partido que terá un sitio na historia dos derbis